InicioSociedadeDetido en Vigo un home tras agredir a súa parella en plena...

Detido en Vigo un home tras agredir a súa parella en plena rúa

Foi un cidadán quen alertou os axentes da Policía Local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, de Moaña e 44 anos de idade, foi detido na madrugada deste pasado martes tras supostamente dar unha puñada á súa parella en plena rúa e tirala ao chan, o que lle provocou lesións no cóbado.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 04,10 horas, cando un cidadán alertou aos axentes de que na rúa Barcelona un home estaba a agredir a unha muller.

Unha vez no lugar, a vítima, “moi nerviosa”, indicou que tivera unha discusión coa súa parella por problemas de alcol, durante a cal el lle propinou unha puñada no pómulo dereito e a tirou ao chan.

Con todo, o home negou os feitos e asegurou que a muller, de nacionalidade colombiana, caeu ao tropezar. A pesar diso, foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...