InicioSucesosInterceptado en Vigo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida

Interceptado en Vigo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo interceptou na madrugada do pasado martes a un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida, arroxando un resultado positivo de 1,03 e 1,02 miligramos por litro en aire expirado.

Foi sobre as 05,35 horas no camiño de Pousa confluencia con Clara Campoamor onde os axentes deron o alto a A.E.R.C., de Vigo e 35 anos de idade, o cal presentaba síntomas de inxerir bebidas alcohólicas, polo que foi sometido ás probas e deu un resultado que excede o límite penal establecido.

En días previos, a Policía Local de Vigo localizou ata outros tres condutores que triplicaban a taxa de alcol permitida, arroxando datos que superaban os 0,73 miligramos por litro na avenida Gran Vía, na rúa Venezuela ou na Praza da Industria.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...