InicioEconomíaConxemar cualifica de "histórica" a edición de 2022 aumentando un 37% o...

Conxemar cualifica de “histórica” a edición de 2022 aumentando un 37% o número de compradores e provedores

Este ano a Feira estreou un pavillón adicional de 5.000 metros cadrados, elevando a súa superficie total ata os 37.000 metros cadrados con 700 expositores de 44 países.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados Conxemar pechou este xoves unha edición “histórica”, cunha afluencia de máis de 26.000 compradores e provedores procedentes de 104 países, un 37% máis que en 2021.

Tal como informou a organización, ademais de España, o ‘top 5’ de países visitantes foron Portugal, Italia, Arxentina, Francia e Marrocos, que acudiron durante os 3 días que durou a XXIII edición de Conxemar.

Este ano a Feira estreou un pavillón adicional de 5.000 metros cadrados, elevando a súa superficie total ata os 37.000 metros cadrados con 700 expositores de 44 países. Nesta ocasión chegaron ata 17 delegacións internacionais, incluíndo o Ministerio delle Politeche Agricole Alimentari e Forestali de Italia, que se incorporou por primeira vez á oferta expositiva de Conxemar.

Precisamente este xoves o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, visitou o recinto, percorrendo as casetas internacionais e as principais empresas españolas do sector da transformación e comercialización de produtos do mar conxelados.

Na súa visita, aproveitou para felicitar á organización polo “éxito” da Feira, declarando que “o liderado hai que exercelo, non só proclamalo” e que “Conxemar é unha cita ineludible”. A Feira regresará os días 3, 4 e 5 de outubro de 2023, segundo adiantou a organización.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...