InicioSucesosFalece un operario tras caer desde o tellado dunha nave no Porriño

Falece un operario tras caer desde o tellado dunha nave no Porriño

O accidente sucedeu no polígono industrial da Granxa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario de 39 anos de idade faleceu na mañá deste mércores tras precipitarse desde o tellado dunha nave no polígono industrial da Granxa, no Porriño, segundo informou o 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar na nave de Granitos Ibéricos, fronte á gasolineira de Gradín, onde a vítima traballaba na instalación dunhas placas solares no teito. Nun momento dado, unha das placas do tellado cedeu e o home caeu desde unha gran altura.

Un particular alertou ao 112 sobre as 9,30 horas. Ata a zona desprazáronse efectivos do 061, a Garda Civil e a Policía Local, así como Bombeiros do Porriño, dado que a vítima quedara tendida sobre unhas laxas a uns dous metros de altura sobre o chan.

Finalmente, foron os Bombeiros os encargados de baixar ao home e os servizos sanitarios só puideron certificar o falecemento da vítima, D.F.A., de 39 anos de idade e natural de Sanxenxo.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo anula o peche dun protocolo de acoso escolar tras incumprir o centro os prazos legais

O maxistrado da Sala número 2 da sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia...

O TSXG condena o Concello de Vigo a pagar case 4,6 millóns ao Porto por incumprir o mantemento de ‘Abrir Vigo ao Mar’

Un convenio asinado hai máis de tres décadas para transformar e abrir ao público...

A CIG de Vigo chama a participar na manifestación para “loitar por unha vida digna”

A CIG de Vigo chamou este mércores a participar na manifestación convocada o vindeiro...

A Deputación comprométese co Mundial de Vigo, pero reclama a Caballero un plan real: “Non abonda” con calcular os custos

A aspiración de Vigo de converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol 2030...