InicioPolíticaXabier Pérez Igrexas volve ser o candidato á Alcaldía de Vigo polo...

Xabier Pérez Igrexas volve ser o candidato á Alcaldía de Vigo polo BNG

Xabier Pérez Igrexas será o candidato da formación nacionalista á Alcaldía nas eleccións de 2023, co obxectivo de "resetear en positivo" a urbe olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asemblea Local do BNG de Vigo elixiu nas últimas horas por unanimidade a Xabier Pérez Igrexas como candidato da formación nacionalista á Alcaldía nas eleccións de 2023, co obxectivo de “resetear en positivo” a urbe olívica.

O edil vigués (que xa foi candidato nos comicios locais de 2019 e logrou coa súa acta que o BNG volvese á Corporación, tras unha ausencia de 4 anos) puxo en valor que os nacionalistas demostraron “” que teñen “un proxecto de cidade” e son unha “alternativa sólida para Vigo”.

Así, tras lembrar que trasladou ao Concello as necesidades e problemas dos veciños, recalcou que mantivo “o traballo a pé de rúa” e afirmou que aspira a “sumar apoios para multiplicar” e “avanzar nunha verdadeira transformación da cidade”.

Pérez Igrexas, que apostou por un Vigo “máis habitable”, proclamou que o BNG non será “o Grilo Cantor que sinale ao emperador espido”, senón que será a alternativa que “vai volver a pór en marcha” a cidade, fronte á “inercia paralizante” do goberno de Abel Caballero.

Por iso, apelou ao traballo da militancia para centrar o seu “esforzo e enerxía” en dar a coñecer esoutro modelo, que levará a Vigo “máis aló de luces, de dinosetos, de estudios televisivos e de vídeos virales”.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...