InicioEconomíaO comité de Vitrasa proporá novas mobilizacións para forzar que a empresa...

O comité de Vitrasa proporá novas mobilizacións para forzar que a empresa negocie un novo convenio colectivo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, compañía concesionaria do transporte urbano de Vigo, proporá aos traballadores retomar as mobilizacións co obxectivo de forzar á compañía a negociar un novo convenio colectivo, debido a que o actual está caducado desde finais de 2020.

Tal como denunciou a CIG nun comunicado, a dirección négase a actualizar as condicións laborais a pesar de que o número de viaxeiros segue crecendo, situándose xa en cifras anteriores á pandemia.

A pesar deste incremento, a empresa segue enfocada en non negociar un novo convenio e insiste en rebaixar os salarios dos traballadores, esta vez vía xudicial ao recorrer o laudo arbitral que lle impediu reducilos no mes de xullo”, lamentou a organización sindical.

Por iso, levarán a cabo asembleas cos empregados para analizar a situación e convocar novas protestas. Decisión que o cadro de persoal adoptará a través dunha votación o vindeiro xoves, 6 de outubro.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...