InicioEconomíaArmón bota en Vigo o primeiro ferri eléctrico construído en España, que...

Armón bota en Vigo o primeiro ferri eléctrico construído en España, que dará cobertura á liña Eivissa-Formentera

Sitúa ao sector estaleiro vigués "á vangarda e preparado para afrontar os retos futuros da industria".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Grupo Armón botou este mércores en Vigo o primeiro ferri eléctrico construído en España, que naceu froito da súa alianza con Balearia e que irá destinado a dar cobertura á liña Eivissa-Formentera.

Tal como reivindicou a Xunta nun comunicado, o ‘CAP de Barbaria’, nome que recibe o barco, sitúa ao sector estaleiro vigués “á vangarda e preparado para afrontar os retos futuros da industria”.

Na súa intervención no acto celebrado na sede viguesa do construtor naval, a delegada territorial do Goberno galego, Marta Fernández-Tapias, convidou a outras empresas a seguir o exemplo de Armón e Balearia de unirse para converter ao sector naval galego en pioneiro ao asumir un proxecto destas características e a traballar conxuntamente na presentación de proxectos que poidan beneficiarse de fondos europeos.

Neste sentido, Fernández-Tapias avogou por aproveitar unha “oportunidade única” e promover iniciativas que aposten “pola tecnoloxía, a sustentabilidade e o traballo conxunto”. “O noso desexo é que, polos argumentos que hoxe falan por si mesmos, Vigo e Galicia sexan beneficiadas na repartición”, engadiu.

Para acabar, a representante autonómica agradeceu a Balearia a súa confianza “no talento e saber da industria naval viguesa”, e a Armón “por liderar en toda España a transformación sustentable deste sector”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...