InicioEconomíaA planta de Stellantis en Vigo volverá parar este mércores

A planta de Stellantis en Vigo volverá parar este mércores

Cesa por falta de aprovisionamentos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría de Stellantis en Vigo volverá parar a súa actividade por falta de aprovisionamentos, segundo comunicou a dirección da empresa ao persoal, e suspenderá a súa actividade este mércores.

A parada afecta nesta ocasión aos dous sistemas de produción (o que monta os modelos Peugeot 2008, C-Elysée e Peugeot 301, e o que monta as furgonetas) e ás tres quendas. Está previsto que se retome o traballo o xoves ás 6,00 horas.

No que vai de mes de setembro, a planta de Stellantis en Vigo suspendeu a súa produción total ou parcialmente unha ducia de días, incluídos todos os fins de semana. Eses ‘paróns’ na actividade, estiveron precedidos por outros en agosto, cando tamén tivo que suspenderse a produción varios días tras a reincorporación das vacacións por problemas de aprovisionamento.

ÚLTIMAS

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...