InicioSucesosDetido en Vigo un home por violencia de xénero tras deixar inconsciente...

Detido en Vigo un home por violencia de xénero tras deixar inconsciente na rúa a súa parella

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, A.A.G.P. das Palmas e 42 anos de idade, foi detido na noite deste luns en Vigo tras agredir á súa parella e deixala tirada inconsciente na rúa. Foi sobre as 22,45 horas cando a Policía Local recibiu unha chamada de alerta, que informaba de que unha muller, de nacionalidade colombiana e 21 anos, fora golpeada pola súa parella, encerrándose ela nunha habitación por medo a volver ser agredida.

Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse coa suposta vítima, que manifestou que horas antes se atopaba paseando coa súa parella pola zona de Samil, momento no que se iniciou unha discusión entre ambos.

No transcurso da mesma, o home propinoulle un bofetón no lado dereito da cara, chegando ela a perder o coñecemento e deixándoa abandonada no lugar.

Unha vez recuperou a conciencia, a muller localizou ao home, co cal volveu ter outro altercado, encerellándose ambos e caendo ela ao chan, onde a golpeou no rostro. Tras isto, foi auxiliada por un cidadán, que a levou ata o seu domicilio. Alí tamén estaba o suposto agresor, que foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...