InicioSociedadeTecnoloxía "made in Vigo" rumbo ao espazo

Tecnoloxía “made in Vigo” rumbo ao espazo

Estudantes da UVigo enviarán ao espazo un novo nanosatélite en 2024, tras gañar un concurso internacional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un equipo de case 40 estudantes da Universidade de Vigo, do UVigo SpaceLab, enviará ao espazo o nanosatélite BIXO (Bacteriological Intercommunication Experiment in Orbit) nun lanzamento operado pola Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento, tras alzarse co premio da primeira edición do IAF-CSA Space Universities CubeSat Challenge (IAF-CSA SUCC), un concurso organizado pola International Austronautical Federacion (IAF), en cooperación coa Chinese Society of Astronautics (CSA) e a Dalian University of Technology (DUT) para o lanzamento gratuíto dun ‘cubesat’.

O fallo do certame deuse a coñecer este mércores en París, con motivo dun congreso anual da IAF, e supón que a UVigo impúxose aos proxectos presentados por universidades de todo o mundo. Con este galardón, que recoñece o mellor deseño de misión para a súa posta en órbita, o satélite BIXO será enviado ao espazo en 2024 a bordo dun foguete Long March.

Os estudantes Manuel Diz, Guillermo Calvo e Martín Blanco, xunto co profesor Fernando Augado, foron os encargados de recoller o premio en París que, ademais do lanzamento, tamén está dotado con 3.000 euros, unha axuda que permitirá impulsar e consolidar a misión.

De feito, o director do proxecto, Manuel Diz, apuntou que o custo estimado do lanzamento dun nanosatélite rolda os 180.000 euros e, con este premio, e xa con data pechada para o devandito lanzamento, o proxecto aumentará o seu atractivo para alumnos e patrocinadores.

SEGUNDA MISIÓN BIOLÓXICA EUROPEA

Diz tamén explicou que BIXO será portador da segunda misión biolóxica europea, e supón un “gran reto” porque se trata dun ‘cubesat’ en formato 2UDs (10x10x20 cm). “Ata agora non houbo ningún desenvolvemento completo dun pequeno laboratorio espacial nun satélite tan pequeno, por iso dicimos que é a misión máis compacta lanzada desde Europa e, que saibamos, a máis pequena do mundo”, destacou.

O concurso Space Universities CubeSat Challenge naceu o ano pasado para fomentar o pensamento innovador do alumnado universitario, mellorar a investigación científica en astronáutica, apoiar talentos innovadores, e popularizar o coñecemento espacial.

UVIGO SPACELAB

Dous anos despois de empezar a traballar no laboratorio de deseño fabricación e validación de nanosatélites ‘cubesat’, UVigo SpaceLab incorpora este curso alumnado de diferentes graos (Enxeñaría da Enerxía, Enxeñaría Informática, Bioloxía, ADE…) que se suma aos estudantes de Telecomunicacións, Enxeñaría Aeroespacial ou Enxeñaría Industrial.

Así, confirmou Manuel Diz, o equipo pasa a estar formado por 38 estudantes, e crearase un novo departamento encargado de manter o pequeno laboratorio biolóxico en órbita, deseñando os ‘chips’ e sistemas microfluídicos para realizar os experimentos.

FORMACIÓN NA AXENCIA ESPACIAL EUROPEA

Ademais do premio recolleito en París, os integrantes de UVigo SpaceLab tiveron outros recoñecementos nos últimos meses. Así, o alumno de Enxeñaría de Telecomunicación, Iván Trasobares, está a recibir formación no ESTEC Galaxia en Bélxica, por parte da Academia da Axencia Espacial Europea.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...

O BNG de Vigo alerta que o goberno local non mantén “o mínimo de bombeiros” na cidade

O BNG de Vigo alertou este martes de que o goberno municipal que preside...