InicioEconomíaO alcalde de Vigo anuncia un crédito de máis de 25 millóns...

O alcalde de Vigo anuncia un crédito de máis de 25 millóns para obras na cidade

con esta dotación acometerase, entre outras actuacións, a construción de beirarrúas na rúa Severino Cobas, melloras en Teixugueiras, un aparcadoiro en Matamá, e melloras na rúa Val Miñor e a contorna do estadio de Balaídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o inicio da tramitación dun crédito extraordinario por valor “superior aos 25 millóns de euros” para “investimento” en obras na cidade.

Segundo avanzou en rolda de prensa, con esta dotación acometerase, entre outras actuacións, a construción de beirarrúas na rúa Severino Cobas, melloras en Teixugueiras, un aparcadoiro en Matamá, e melloras na rúa Val Miñor e a contorna do estadio de Balaídos. Todo iso “para seguir facendo Vigo e seguir xerando emprego en Vigo”.

Por outra banda, o rexedor visitou as obras da segunda fase de Gran Vía, onde este martes comezou a instalación das ramplas mecánicas entre o cruzamento con Bolivia e o cruzamento con Nicaragua. Trátase de dúas ramplas duns 40 metros de lonxitude para salvar unha pendente de entre o 8,5 e o 9 %.

Esta actuación, cun investimento de 4,2 millóns de euros (que se suman aos 5,5 millóns que custaron as ramplas xa instaladas na parte baixa de Gran Vía), está cofinanciada con fondos Next Generation da UE, e a previsión é que estean finalizados os traballos na segunda quincena de xaneiro, tras un ‘parón’ durante a campaña do Nadal para non prexudicar á actividade comercial.

Con respecto á reforma da Avenida de Madrid, que se fará en virtude dun convenio asinado co Ministerio de Fomento (agora Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana) e na que se investirán máis de 14 millóns de euros, Abel Caballero non concretou cando se poderán iniciar as obras.

Preguntado acerca da posibilidade de que o convenio poida cadudar (o prazo fixado para a finalización da vixencia do convenio é o 31 de decembro de 2022), o alcalde afirmou que ese acordo está “pechado e ben pechado, e que “hai que buscar o momento” para executar os traballos desa reforma, que será “unha gran prioridade”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...