InicioCulturaO Galician Freaky Filme Festival renderá homenaxe a 'Braindead' de Peter Jackson

O Galician Freaky Filme Festival renderá homenaxe a ‘Braindead’ de Peter Jackson

Celebrarase do 23 de setembro ao 1 de outubro en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Galician Freaky Filme Festival, que se celebra do 23 de setembro ao 1 de outubro en Vigo, renderá na edición deste ano unha homenaxe ao cineasta Peter Jackson e á súa película de culto ‘Braindead. Tu madre se ha comido a mi perro’, considerada unha das películas máis sanguentas da historia do cinema.

O evento, que foi presentado este xoves na Praza de Compostela, xunto ao singular ‘Dinoseto’, contará co Auditorio do Concello e coa Praza Elíptica como escenarios das súas actividades.

Nesta edición, o director neozelandés, galardoado por traballos como a triloxía de ‘El Señor de los Anillos’ ou ‘Criaturas Celestiales’, será o protagonista, e proxectarase a súa película ‘Badtaste’, así como ‘Braindead’, que neste 2022 cumpre 30 anos e que terá un coloquio posterior cunha das súas protagonistas, a actriz sevillana Diana Peñalver.

Os participantes no festival poderán tamén visionar ‘The Thing’, un ‘thriller’ paranormal e terrorífico de John Carpenter, que este ano tamén cumpre o seu 30 aniversario e que inspirou outras películas, publicacións e videoxogos. Esta proxección terá lugar na xornada inaugural, o 23 de setembro, no Auditorio municipal, onde tamén se proxectará ‘The hunchaback of Notre Dame’ musicado en directo por Caspervek Orquestra.

Na edición de 2022 volverá haber unha programación específica para nenos, o Pequefreak, con proxección de películas de fantasía, talleres de efectos especiais e outras actividades, o 24 de setembro no Auditorio do Concello.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...