InicioEconomíaAbel Caballero destaca que Vigo é unha "potencia turística" en España grazas...

Abel Caballero destaca que Vigo é unha “potencia turística” en España grazas a el

Inaugura a nova oficina de Turismo no centro da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este venres a nova oficina municipal de Turismo da cidade, que se atopa en López de Neira, e que substitúe ás instalacións que anteriormente se situaban nas proximidades da Estación Marítima.

A nova oficina, “en pleno corazón” da cidade, está nun local de 154 metros cadrados e “ben preparado para atender á xente”, segundo trasladou o rexedor, que apuntou que a anterior oficina “estaba pensada hai 15 anos para un Vigo practicamente sen turismo, enfocada ao turismo de cruceiros, que é un turismo de baixisima calidade e non ten interese para a cidade”. Ademais, incidiu, o novo local permitirá ao Concello un aforro duns 60.000 euros ao ano en aluguer.

Segundo subliñou Abel Caballero, “Vigo é unha potencia turística en España” e consegue atraer visitantes ao longo de todo o ano. Así, asegurou que o nivel de ocupación de xuño, xullo e agosto rolda o 90 % (aínda que o INE publicou esta semana que a ocupación media por praza de aloxamento na cidade foi do 68,3 % no mes de xullo).

Ademais, celebrou que a cidade conseguiu esas cifras sen axuda do goberno galego. “Non dependemos da publicidade da Xunta, que publicita sen parar Santiago e o Xacobeo. A nosa publicidade son as miñas aparicións nos medios de España”, afirmou.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...