InicioVigo e contornaVigoA rúa máis cara de Galicia está en Vigo, e non é...

A rúa máis cara de Galicia está en Vigo, e non é a de Príncipe

Chalés exclusivos e vistas ao mar adornan esta vía onde vivir pode saír por máis dun millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A rúa Arquitecto Antonio Cominges de Vigo, situada preto de Cabo Estai na parroquia de Oia, situouse como a máis cara de toda Galicia para comprar vivenda, cun prezo medio de 1,61 millóns de euros, segundo un estudo publicado este xoves polo portal inmobiliario Idealista.

No conxunto do Estado , Andalucía, Baleares e Madrid concentran as dez rúas máis caras para vivir en España, con vivendas que oscilan entre os 6,22 millóns de euros ata os 9,95 millóns. A rúa máis exclusiva de España atópase no municipio malagueño de Benahavís e abarca toda a urbanización de Coto Zagaleta. Nesta localización, as vivendas custan, de media, 9,95 millóns de euros.

No caso de Galicia, a rúa Arquitecto Antonio Cominges é coñecida por situarse a poucos metros dun dos puntos costeiros máis impactantes da zona: o Cabo Estai por un lado e, polo outro, a praia de Monduiña. En conxunto, trátase duns poucos metros de chalés independentes e vivendas unifamiliares situadas a escasos metros do paraíso: iso si, para quen poida pagalo.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...