InicioCulturaO Marisquiño recibiu 180.000 visitantes na "mellor edición" da súa historia

O Marisquiño recibiu 180.000 visitantes na “mellor edición” da súa historia

Calcúlase que xerou un retorno económico de 24 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XXII edición do Marisquiño, o festival da cultura urbana de Vigo, recibiu uns 180.000 visitantes durante o pasado fin de semana, o que supón un 15% máis que na edición de 2019 (última antes da pandemia), e xerou un retorno económico de entre 22 e 24 millóns de euros.

Segundo informou a organización nun comunicado, o bo funcionamento dos novos espazos do festival, o alto nivel alcanzando nas competicións deportivas e o substancial incremento do retorno económico para Vigo e a súa comarca son algunhas das boas noticias dunha edición que xa pode considerarse “a mellor da historia do evento”.

Ademais do aumento de espectadores, desde O Marisquiño puxeron en valor que o público puido gozar de máis comodidade á hora de observar as competicións, xa que nesta edición se incrementou a capacidade das bancadas e se liberaron espazos na zona do Porto.

“O cheo nos hoteis e demais aloxamentos da cidade, así como o aumento das visitas diarias levaron tamén a un incremento no retorno económico á cidade e a súa comarca. Os hostaleiros calculan que o retorno directo grazas á celebración do festival alcanzou entre os 22 e 24 millóns de euros, o que supón un considerable aumento nas cifras rexistradas noutras edicións”, reivindicou a organización.

Tamén en redes sociais o crecemento foi “importante”, cun aumento do 1000% do alcance durante os días do festival, con máis de 3,5 millóns de reproducións de vídeo nas redes oficiais do Marisquiño. A organización quixo agradecer a todos os asistentes o bo ambiente e excelente comportamento do público nesta XXII edición.

NIVEL DEPORTIVO

Desde O Marisquiño reivindicaron o “moi alto” nivel deportivo das probas do festival, destacando a modalidade Park do BMX, onde a medalla de prata olímpica Daniel Dhers só puido ser terceiro, por detrás de Justin Dowell e Daniel Sandoval, “o que dá idea do elevadísimo nivel competitivo da proba”.

En Skate masculino triunfaron os destacados Ivan Monteiro (Street) e Danny León (Mini Ramp) ademais da novísima skater gaditana Natalia Muñoz, de tan só 13 anos e futura figura desta disciplina. En Flatland o gañador foi o campión mundial Matthias Dandois e alcanzouse tamén un gran nivel en disciplinas como o Basket 3×3, con partidos apaixonantes en todas as xornadas e participación de equipos recoñecidos internacionalmente.

ÚLTIMAS

Morre unha muller tras esborrallarse en pleno centro de Vigo

Unha muller de 56 anos de idade, M.A.S.M.,  faleceu na mañá deste venres en...

Tenta tirar pola xanela á súa parella tras unha discusión nun piso da rúa Pazo

Axentes da Policía Local detiveron a un veciño da cidade, M.F.C., de 41 anos, como presunto...

Queres saber como é a nova torre de control dixital de Peinador?

Trece monitores de 55 polgadas cada un que recollen as imaxes captadas por máis...

O conselleiro de Sanidade sobre a próxima entrada en vigor do novo contrato de Povisa: “Ninguén vai obrigado”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ratificou este mércores que para abril --o...