InicioVigo e contornaVigoValladares volve celebrar a tradicional procesión ao Monte Alba

Valladares volve celebrar a tradicional procesión ao Monte Alba

Medio milleiro de persoas subiron até o monte neste día festivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de persoas acudiron na mañá deste luns festivo á parroquia viguesa de Valladares para levar a cabo a tradicional procesión da Virxe da Alba. Así, a celebración comezou xa ás 08,30 horas, cando se oficiou a primeira misa na igrexa parroquial. A partir de aí, os devotos saíron coa imaxe da Virxe ao carricho ata o Monte Alba.

Tras hora e media de empinado percorrido, amenizado coa música da charanga ‘Vaite Xa’ e do grupo de gaitas ‘Traspés’, os máis de medio milleiro de asistentes conseguiron alcanzar a cima, onde levaron a cabo varios actos relixiosos na capela, que continuarán á longo do día. Valladares repetirá procesión o próximo 24 de agosto, en honra a San Bartolomeu. Este Santo será recibido pola Virxe da Alba na capela, levándose a cabo o tradicional saúdo e as poxas de animais domésticos. Xa o 8 de setembro, ambas as imaxes volverán á igrexa parroquial na procesión de baixada, que se realizará en horario de tarde.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...