Rescatados catro persoas dun veleiro no que se declarou un incendio

Ocorreu nas proximidades do Museo do Mar de Bouzas.

Museo do Mar de Vigo/ Wikipedia

Un incendio declarado nun veleiro nas proximidades do Museo do Mar de Bouzas, en Vigo, obrigou aos servizos de emerxencia a rescatar os catro tripulantes que viaxaban na embarcación.

Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 12,30 horas deste domingo un dos afectados contactou coa central de emerxencias para pedir axuda.

Para socorrer os tripulantes, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deu aviso a Salvamento Marítimo e ao servizo de Protección Civil do concello de Cangas para que enviasen unha embarcación ao momento.

Finalmente, foron rescatados por un equipo de socorristas do servizo municipal, que acudiu ao momento nunha zódiac. Segundo confirmaron ao 112 Galicia, os catro tripulantes atópanse en bo estado de saúde.