InicioVigo e contornaVigoRueda: "Cando unha fábrica como Stellantis queda fóra do Perte é que...

Rueda: “Cando unha fábrica como Stellantis queda fóra do Perte é que algo se fixo mal”

O presidente da Xunta censura que o plan de axudas exclúa a planta viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, censura que “algo se fixo mal” por parte do Goberno para que a planta de Stellantis de Vigo quede fóra do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) do Vehículo Eléctrico e Conectado.

A preguntas da prensa, critica que “non está ben deseñado” o Perte cando “o primeiro fabricante de automóbiles en España”, que “produce case a cuarta parte de automóbiles en España”, está excluído destes fondos europeos. “Cando unha fábrica tan potente como Stellantis queda fóra, algo se está facendo mal”, segundo reprocha, “desde quen deseña, que é o Goberno central, que se reservou todas as capacidades para facer este deseño”.

Ademais, recrimina que “a estas alturas” só se executase menos da cuarta parte de 3.000 millóns do Perte para o automóbil, polo que “hai indicios claros de falta de capacidade de xestión”.

O titular do Executivo autonómico lembra que “transmitiu” ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a necesidade de buscar unha solución para Stellantis, polo que cre “implanteable” que se poida quedar fóra destas axudas. “Dixo que se estaba traballando”, subliña Rueda, polo que espera que “sexa verdade”. “Espero que a partir de agora as cousas se fagan ben”, conclúe.

DENUNCIA DA CUT

Pola súa parte, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) criticou que o grupo automobilístico Stellantis solicitase ao Goberno fondos do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) sen informar a representantes dos empregados.

Nun comunicado, a CUT lamentou que a empresa presentase plans para solicitar ata 43 millóns de euros, sen que a representación social “saiba para que son”. “Denunciamos o pouco interese que ten esta dirección en formar unha fronte común coa representación social para reclamar investimentos. Na CUT estariamos en disposición de dar o visto e prace a estas axudas a condición de que redundasen na diminución das cargas e dos ritmos de traballo”, engadiu o sindicato.

“Se pola contra estas axudas públicas son unicamente para aumentar a produtividade a consta do esforzo, a saúde e a deterioración das condicións económicas e laborais dos traballadores, ou mesmo se serven para a externalización ou eliminación de postos de traballo, a CUT situarase na defensa dos intereses dos empregados”, sentenciou a organización sindical.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...