InicioVigo e contornaVigoDenuncian vertidos tóxicos nun río de Bembrive polas obras da A-52

Denuncian vertidos tóxicos nun río de Bembrive polas obras da A-52

Os materiais terían a súa orixe na perforación para facer un túnel de 3km.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nova denuncia da man de Ecoloxistas en Acción a raíz de aparentes incumprimentos da legalidade medioambiental na área de Vigo. Desta vez, a plataforma, xunto con Bembrive en Pé e Non ao Vial de Beade, vén de apuntar a vertidos “continuos” e “non autorizados” que as tarefas de perforación para a construción dun túnel estarían a provocar sobre o río Eifonso.

As verteduras, sinalan, proceden das perforacións realizadas no lugar de Palames, preto do muiño do Cristino, segundo –afirman as mesmas fontes—“recoñeceron os propios traballadores da obra a veciños da parroquia”. Estas perforacións son parte das labores de consultoría e asistencia contratadas á empresa Ayesa para a construcción dun túnel de máis de 3km como variante do treito da nova autovía A-52.

Por esta razón, as tres organizacións implicadas denunciaron estas verteduras contaminantes ante as administracións competentes: Augas de Galicia e Concello de Vigo. Solicitaron en ambos casos que se paralicen os traballos das sondaxes ata garantir que non se van producir máis verteduras e, ademais, que se sancione a empresa por esta agresión ao medio ambiente.

Por outra banda, as plataformas acusan de “despilfarro” a obra, sinalando que se trata dunha infraestrutura “innecesaria” por contar con outras vías nas súas proximidades. Ecoloxistas en Acción, en troques, insta ao Goberno a que libera as peaxes dese treito da AP-9 para abrir unha alternativa á A-55.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...