InicioVigo e contornaVigoO PP de Vigo escolle a Marta Fernández-Tapias para reflotar o partido...

O PP de Vigo escolle a Marta Fernández-Tapias para reflotar o partido nas próximas locais

Promete remontar a posición dos 'populares' na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité electoral do PP de Vigo aprobou por unanimidade a designación da actual presidenta da formación local e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, como candidata á alcaldía da cidade olívica para as eleccións municipais de 2023.

O organismo, presidido pola ex secretaria de Estado de Economía Irene Garrido, resaltou a “capacidade de traballo, diálogo, lealdade, esforzo e dedicación” de Fernández-Tapias, así como a súa “acreditada preparación e vocación de servizo público”.

Pola súa banda, Marta Fernández-Tapias agradeceu a confianza do comité electoral, convencida de que o PP de Vigo logrará “gañar a confianza dos vigueses”. “O noso obxectivo debe ser que nos vexan como unha alternativa sólida ao actual goberno municipal”, reivindicou. “Vigo merece un cambio, un goberno que achegue solucións en lugar de xerar problemas”, engadiu.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...