InicioPolíticaO pleno de Vigo pide á Xunta 2,5 millóns para o pago...

O pleno de Vigo pide á Xunta 2,5 millóns para o pago de bolsas comedor e o mantemento das bandeiras azuis

Abel Caballero ve "razoable" que se Vigo ten 300.000 habitantes reciba aproximadamente 10 veces máis fondos que un municipio de 30.000 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Vigo (cos votos a favor do PSOE e Marea de Vigo, a abstención do BNG e a negativa do PP) aprobou unha moción impulsada polos socialistas para instar á Xunta a crear unha partida de 2 millóns de euros nos próximos orzamentos para transferirlla ao Concello de Vigo co obxectivo de pagar as bolsas de comedor, libros e servizos complementarios.

Así mesmo, noutra moción tamén do grupo municipal socialista, o pleno solicitou ao Goberno galego que transfira 500.000 euros dos próximos orzamentos de 2023 para potenciar un plan de investimentos co obxectivo de manter as 11 bandeiras azuis das que dispón Vigo nas súas praias. Esta iniciativa foi aprobada cos votos a favor do PSOE, a negativa do PP e do BNG e a abstención de Marea de Vigo.

Entre outras mocións socialistas, o pleno aprobou (cos votos afirmativos do PSOE, a abstención de En Marea e a negativa de PP e BNG) unha iniciativa para solicitar á Xunta que transfira a Vigo a parte proporcional que lle corresponde en función da súa poboación dos fondos recibidos do Estado para investimento, política social, emprego un outras partidas, procedentes dos fondos europeos.

Tal como reivindicou o alcalde, Abel Caballero, “parece razoable” que se Vigo ten 300.000 habitantes reciba aproximadamente 10 veces máis fondos que un municipio de 30.000 persoas. “Parece razoable que os concellos que temos moita poboación recibamos máis fondos europeos en relación coa poboación que temos”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...