InicioVal MiñorBaionaA titularidade de POVISA pasa a mans dun fondo de investimento francés

A titularidade de POVISA pasa a mans dun fondo de investimento francés

Nin Xunta, nin traballadores foron informados destes movementos accionariais

PUBLICADO O

- Advertisement -

“O cambio no accionariado -a saída de Centene Corporation e a entrada de Vivalto Santé– prodúcese a nivel do holding europeo, na sociedade Primero Salud S.A., da que forman parte Ribera e os proxectos de Centro Europa, e en nada afecta á xestión, os profesionais nin á atención sanitaria dos centros”. Deste xeito o grupo Rivera Salud tenta xustificar a venda de activos de tres dos seus centros hospitaliarios, Povisa, Polusa e Juan Cardona a unha multinacional francesa.

Este luns o grupo hospitalario anunciaba cambios no accionariado coa operación de compra das accións de Centene Corporation por parte do grupo sanitario francés Vivalto Santé. Un movemento que Rivera Salud di que se produce a nivel do holding europeo de Centene, Primero Salud S.A. e “en nada afecta á xestión dos centros sanitarios nin a outras sociedades ou divisións do grupo en ningún sentido”.

O grupo Ribera reitera nun comunicado que estes cambios no accionariado “en nada afectan á xestión diaria dos centros sanitarios nin ao doutras sociedades e divisións estratéxicas”. O obxectivo desta operación “foi e é continuar co crecemento e diversificación do modelo de saúde responsable que lidera Ribeira, agora en alianza coa compañía francesa con quen comparte obxectivos, valores e un ámbito xeográfico moi próximo”.

Nin Xunta, nin traballadores foron informados destes movementos accionariais. Hai temor a que o grupo pase a mans de fondos de investimentos que o que pretenden é sacar rendementos económicos sen avaluar o impacto social que isto ten. De feito, o Sergas ten importantes convenios cos centros de Rivera Salud para realizar operacións neles. Convenios cos que esta empresa sanitaria obtén grandes beneficios económicos.

ÚLTIMAS

“Os alumnos galegos non destacan na PAU porque outras CCAA reducen a calidade e a esixencia”, segundo Román Rodríguez

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou este venres que o alumnado galego adoita...

A Policía desmantela unha rede de tráfico de drogas en Vigo con 74 quilos incautados

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo, en funcións de garda,...

Murais para todos os barrios de Vigo

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este venres a adxudicación do XI...

O BNG de Vigo esixe o mantemento das bonificacións de tren e bus urbano

O BNG de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que reclame ao Ministerio de...