InicioPolíticaO PP de Vigo presenta unha moción para demandar a posta en...

O PP de Vigo presenta unha moción para demandar a posta en marcha dos trens Avril

 "É imprescindible que o Goberno de España, sen desatender os servizos ferroviarios convencionais, aposte pola alta velocidade", afirma Alfonso Marnotes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP municipal de Vigo rexistrou unha moción para o seu debate no pleno do próximo mércores coa que demandan ao Goberno de España a dotación inmediata dos trens Avril que permitiría a chegada da alta velocidade a Vigo.

O portavoz popular, Alfonso Marnotes, esixiu certezas ante os bandazos de Sánchez que, na súa opinión, “sabía desde hai tempo que non ía poder cumprir o seu compromiso cos galegos”. “É imprescindible que o Goberno de España, sen desatender os servizos ferroviarios convencionais, aposte pola alta velocidade e traballe por aproveitar ao máximo as súas potencialidades en beneficio da cidadanía e do territorio”, afirma o edil popular.

En opinión de Marnotes, para que as “posibilidades potenciais” do AVE “se convirtan nunha realidade, é preciso que se cumpran unha serie de condicións que desafortunadamente non se están cumprindo”. En concreto, refírese a dotar Galicia dos trens Avril de ancho variable, para que poidan circular polas novas vías de alta velocidade e polas vías convencionais do Eixo Atlántico, garantindo a chegada a Vigo da alta velocidade ferroviaria.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...