InicioMedio Ambiente e PatrimonioLocalizan un artefacto incendiario no distrito forestal de Vigo-Baixo Miño

Localizan un artefacto incendiario no distrito forestal de Vigo-Baixo Miño

Trátase dunha cabicha provista dun sistema de ignición, concibida para ser depositada no monte e prender lume de maneira retardada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural localizaron un artefacto incendiario que provocou un conato de incendio, xa extinguido, no distrito forestal XVIII (Vigo-Baixo Miño).

En concreto, trátase dunha cabicha provista dun sistema de ignición, concibida para ser depositada no monte e prender lume de maneira retardada, para dar tempo ao incendiario a distanciarse do lugar.

Esta proba foi achada nun conato de lume que quedaba extinguido esta madrugada, grazas á rápida intervención dos servizos anti incendios. O levantamento do achado fíxose de forma conxunta coa Garda Civil, que se encargará agora de procesar e analizar a proba.

A localización deste dispositivo forma parte do traballo dos profesionais da UIFO diseminados por todo o territorio galego en tarefas de investigación e vixilancia. Un labor que se apoia tecnicamente no uso de novas tecnoloxías, como é o caso dos drones, así como no sistema de vixilancia posto en marcha pola Xunta, cun total de 148 cámaras instaladas por toda Galicia e que mesmo permite identificar matrículas de vehículos.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...