InicioEconomíaAbsoltos seis sindicalistas da CIG denunciados pola ocupación simbólica de Barreiras

Absoltos seis sindicalistas da CIG denunciados pola ocupación simbólica de Barreiras

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os seis sindicalistas da CIG que foran denunciados por supostas coaccións leves tras a ocupación simbólica do estaleiro vigués Barreras foron finalmente absoltos despois de que a administración concursal da empresa decidise renunciar a continuar coas accións penais.

Foi o pasado 9 de xullo cando o Xulgado de Instrución número 5 de Vigo fixo pública a sentenza na que absolvía ao seis acusados, entre eles o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, e o responsable da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández.

Os sindicalistas foran xulgados o pasado 18 de abril tras a denuncia por coaccións leves presentada pola propia administración concursal e pola propietaria do estaleiro tras a ocupación simbólica das instalacións da compañía o 27 de maio de 2021 para esixir solucións á crise que atravesaba a firma.

“Durante o proceso quedou claro que Barreiras pretendía criminalizar a loita obreira e escarmentarnos por ser o único sindicato que alzou a voz para denunciar todas as tropelías que estaban a levar a cabo”, criticou Gonçalves.

Neste sentido, segundo recolle a CIG nun comunicado, o sindicalista considera que a antiga dirección do estaleiro quería seguir coas accións penais, pero que foi a administración concursal a que apostou por renunciar e readmitir tamén ao delegado da CIG no comité que fora despedido tras a ocupación.

ÚLTIMAS

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...

O BNG denuncia os salarios “estratosféricos” que propón o goberno de Caballero

O BNG de Vigo mostrou este mércores a súa oposición á subida do 5,5%...

Caballero pide reunirse xa con Xunta e Deputación sobre o financiamento do Mundial e esta pídelle coñecer proxectos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a insistir en pedir un encontro coa...