InicioSociedadeAsociacións ucraínas piden "prohibir" a entrada dunha fragata rusa no Porto de...

Asociacións ucraínas piden “prohibir” a entrada dunha fragata rusa no Porto de Vigo

Esixen a "aplicación efectiva do quinto paquete de sancións europeas", que non permite a entrada de barcos rusos nos portos da Unión Europea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A fragata rusa Shtandart, de 34,5 metros de eslora por 6,9 metros de manga, chegará previsiblemente ao seu destino, o Porto de Vigo, entre o próximo 20 e 22 de xullo. Faino tras conseguir sortear o quinto paquete de sancións da Unión Europea a Rusia debido á guerra ucraína, no que se prohíbe a entrada de buques rusos en portos europeos, a excepto de casos moi contados. 

A raíz desta noticia, a Asociación de Ucranianos en Galicia-Girasol vén de elaborar unha carta, firmada conxuntamente por 17 asociacións ucraínas do Estado español, onde se pide a “aplicación efectiva do quinto paquete de sancións europeas que prohíbe a entrada de barcos rusos nos portos da UE”. A esta demanda, que foi trasladada a sete autoridades en Vigo e Galicia, sumáronse xa diferentes personalidades e asociacións do Estado español, Ucraína, Francia e Bélxica. 

Con destino á presidencia da Xunta, consellería do Mar, Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Portos de Galicia, Autoridade Portuaria de Vigo e ao capitán marítimo de Vigo, nesta misiva recóllese a “preocupación e inquietude” das organizacións ucraínas firmantes, que preguntan “quen firmou a autorización para a entrada en augas de Galicia e España, violando as sancións europeas”. 

“Baixo a mesma bandeira que o capitán desta fragata enarbora estanse cometendo actualmente verdadeiras atrocidades contra a poboación ucraína (xenocidio, violacións, execucións, asasinatos, saqueos, matanzas e a destrución total de cidades enteiras)”, explica a Asociación na carta. Por iso, esixen que esta fragata teña “prohibida” a súa entrada nos portos de Galicia.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...