InicioSucesosPiden 2 anos de cárcere para un vigués que acoitelou a súa...

Piden 2 anos de cárcere para un vigués que acoitelou a súa filla en lexítima defensa

Os feitos ocorreron no 2021, cando a filla pediu diñeiro ao pai para sufragar a compra de sustancias estupefacientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un veciño de Vigo septuaxenario, ao que acusa dun delito de tentativa de homicidio por acoitelar á súa filla en lexítima defensa, e que está citado o martes para unha vista de conformidade que se celebrará na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo se recolle no escrito de acusación pública, os feitos ocorreron o 8 de novembro de 2021, cando a filla pediu diñeiro ao pai para sufragar a compra de sustancias estupefacientes. Ante a negativa do acusado, a muller comezou a increpalo, a empuxalo e a romper obxectos da vivenda familiar mentres gritaba.

Nun momento determinado, o home fíxose cun coitelo de 40 centímetros de folla, e cravoullo á súa filla no costado esquerdo, causándolle feridas graves. De feito, segundo reflicte a Fiscalía, se non recibise atención médica as feridas poderían evolucionar ata causarlle a morte.

Por estes feitos, considera ao procesado autor dun delito de tentativa de homicidio. No entanto, recolle no seu escrito que o home actuou para defenderse da súa filla, coa que mantiña unha convivencia moi conflitiva debido ás adiccións dela, aínda que o fixo de forma desproporcionada ao usar un coitelo.

LEXÍTIMA DEFENSA

O ministerio público pide que se lle aplique a eximente incompleta de lexítima defensa, así como a circunstancia agravante de parentesco e a atenuante de confesión, xa que o home recoñeceu o que fixera en canto foi detido pola Policía.

Así, solicita unha condena de 2 anos de cárcere e que se lle prohiba comunicarse ou achegarse a menos de 300 metros da súa filla. Con todo, a Fiscalía informa a favor da suspensión da pena de cárcere, de modo que o home non ingresará en prisión.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...