InicioVigo e contornaVigoA Federación Veciñal de Vigo reclama diálogo ao Concello ante a falta...

A Federación Veciñal de Vigo reclama diálogo ao Concello ante a falta de vivenda pública ou social

Tamén pediron a creación dunha Mesa para dar resposta a esta demanda, con representación de colectivos sociais, do movemento veciñal, da Xunta e do Concello, e afeou ás administracións que atrasen a construción de vivendas protexidas polos "tirapuxas" entre eles, "como ocorre no polígono de Navia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Veciñal de Vigo presentou por rexistro no Concello unha solicitude para que se constitúa unha Mesa pola Vivenda que dea resposta a falta de vivenda pública ou vivenda social na cidade.

Segundo explicou en declaracións aos medios a presidenta da Federación, María Pérez, a situación “é insustentable” pola alza de prezos dos alugueres, e resulta inviable alugar unha vivenda para persoas que cobran axudas sociais ou mesmo para quen teñen unha nómina de “mileurista”.

Por iso pediron a creación dunha Mesa para dar resposta a esta demanda, con representación de colectivos sociais, do movemento veciñal, da Xunta e do Concello, e afeou ás administracións que atrasen a construción de vivendas protexidas polas “tiras e afrouxas” entre eles, “como ocorre no polígono de Navia”.

María Pérez, que acusou ao alcalde de “mentir” cando presume de que o seu despacho nunha ‘oficina antidesahucios’, alertou do gran número de familias en situación vulnerable na cidade, moitas das cales están abocadas ao desaloxo das súas vivendas.

Así, puxo o exemplo de Emilia Murua, unha veciña da cidade que, ata hai un día, estaba pendente de ser desafiuzada o vindeiro luns e non tiña alernativa habitacional, ao non atopar “ninguén que lle alugase”.

A propia Emilia explicou aos medios que a propietaria da súa vivenda instouna a abandonala, aínda que sempre pagara as mensualidades, e deixou de “coller o diñeiro do aluguer”. No último ano e medio estivo buscando unha solución, mentres se ían sumando as sucesivas prórrogas do contrato por estar en situación vulnerable (cobra o Ingreso Mínimo Vital e a súa parella ten nómina, pero é demasiado pequena e os propietarios piden máis garantías).

Finalmente, grazas á mediación dun avogado, lograron que se computen todos os ingresos da parella e unha inmobiliaria subscribiralles un seguro, polo que poderán acceder a outro aluguer.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...