InicioEconomíaConcentración da CUT ante a Inspección de Traballo en Vigo para denunciar...

Concentración da CUT ante a Inspección de Traballo en Vigo para denunciar o seu “proteccionismo” cara a Stellantis

No marco desta concentración, a delegacion de CUT entregou un escrito na Inspección para solicitar unha reunión co xefe do servizo na provincia de Pontevedra, José María Casas de Ron.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Baixo a lema ‘Menos cadeira de brazos e máis implicación’, a CUT convocou este xoves unha concentración ante a Inspección de Traballo en Vigo, para denunciar o seu “proteccionismo” cara á planta de Stellantis e “a pouca implicación” na defensa das persoas traballadoras.

Segundo informou o sindicato, este organismo non só parece demostrar “sensibilidade” cara aos intereses da empresa, senón que demostra pouca implicación no “control e aplicación da suposta nova reforma laboral”.

No marco desta concentración, a delegacion de CUT entregou un escrito na Inspección para solicitar unha reunión co xefe do servizo na provincia de Pontevedra, José María Casas de Ron.

Así mesmo, o sindicato avanzou que solicitará tamén unha reunión coa directora xeral da Inspección de Traballo a nivel nacional, Carmen Collado, para trasladarlle as súas “inquietudes” sobre o que ocorre na factoría viguesa, e advertiu de que, en caso do organismo “non cumpra coas súas funcións”, non descarta “outra vía de denuncia”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...