InicioSociedadeAna Pontón pide a Xunta e Goberno traballar para que Stellantis non...

Ana Pontón pide a Xunta e Goberno traballar para que Stellantis non quede “fóra” do PERTE

A líder nacionalista tamén reclama á empresa compromiso coa creación de emprego "en condicións dignas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou este xoves a Xunta e Goberno central a traballar “man a man” para que a planta de Stellantis en Vigo non quede “fóra” da repartición de fondos do PERTE da automoción, á vez que reclamou á empresa un “compromiso” co tecido da industria de compoñentes de Galicia e coa creación de emprego “en condicións dignas”.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, antes de manter unha reunión coa dirección da factoría viguesa e de realizar unha visita ás instalacións de Balaídos.

Pontón reafirmou o “apoio” do BNG ao sector da automoción, “estratéxico para Galicia”, e incidiu que, actualmente, esta industria atravesa un momento de transformación que xera incerteza, pero tamén oportunidades. Por iso, volveu a reclamar a creación dunha Mesa Galega da Automoción para “enfrontar con garantías o proceso cara ao vehículo eléctrico” e fortalecer a posición de Galicia tanto na produción como na innovación. “É o momento de pornos a traballar en serio”, apostilou.

Por outra banda, trasladou a “preocupación” dos nacionalistas por que a planta viguesa, unha das máis produtivas de Europa, quede “excluída” das axudas do PERTE, e pediu ao goberno galego e ao central que traballen “man a man” para garantir que eses fondos non deixen “fóra” á fábrica viguesa e á automoción galega. “Ata o momento o único que temos son boas palabras”, constatou.

PETICIÓNS A STELLANTIS

Finalmente, en alusión á empresa, a portavoz nacional do BNG tamén reclamou a Stellantis “unha aposta estratéxica” por Galicia á hora de redifinir a súa rede de provedores de compoñentes, para dimensionar o sector na súa xusta importancia.

Do mesmo xeito, recalcou que os fondos públicos que chegan á automoción deben servir para “dar músculo ao sector”, pero tamén deben repercutir na creación de emprego e “en condicións dignas” dos traballadores. “Precarizar as relacións laborais é un modelo fracasado, se queremos un crecemento xusto, ten que haber un compromiso de todas as partes para avanzar cara a mellores condicións laborais”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...