InicioPolíticaAs axudas ao transporte baixarán o prezo bonificado de bus urbano en...

As axudas ao transporte baixarán o prezo bonificado de bus urbano en Vigo de 89 a 62 céntimos

Nunha rolda de prensa, o alcalde de Vigo, lembrou que estas subvencións se aplicarán entre o 1 de setembro e o 31 de xullo próximos e "Vigo está totalmente incluído" nese programa de axudas, de maneira que, a partir de setembro, "vaise a sentir o efecto" da rebaixa das tarifas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este mércores que a cidade poderá beneficiarse das axudas anunciadas nas últimas horas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para reducir un 30% o prezo dos billetes do bus urbano.

Nunha rolda de prensa, o rexedor lembrou que estas subvencións se aplicarán entre o 1 de setembro e o 31 de xullo próximos e “Vigo está totalmente incluído” nese programa de axudas, de maneira que, a partir de setembro, “vaise a sentir o efecto” da rebaixa das tarifas.

Segundo explicou, os usuarios do cartón PassVigo, que bonifica o prezo dos billetes, pasarán de pagar 0,89 euros a pagar 0,62 euros na modalidade ordinaria. No caso dos estudantes, a súa tarifa baixará de 0,86 a 0,60 euros; os universitarios pasarán de 0,67 a 0,47 euros; o bono social baixará de 0,69 a 0,48 euros; e os pensionistas de clase I e II seguirán viaxando gratis.

Así, recalcou, unha parte da bonificación do billete, que custa 1,40 euros sen o cartón PassVigo, seguirá sendo asumida polo Concello, e o resto subvenciónase con cargo ás axudas do Ministerio. “E a Xunta? A Xunta non reduce nada”, engadiu.

LAUDO ARBITRAL DE VITRASA

Por outra banda, o rexedor referiuse tamén á “magnífica noticia” do laudo arbitral que desestima a pretensión da concesionaria de bus urbano da cidade, Vitrasa, de aplicar un ‘descolgue salarial’ e reducir os soldos (ampliando xornada) ao seu persoal.

Caballero aplaudiu a decisión do árbitro designado pola Comisión Tripartita Galega, e reiterou o seu apoio ao persoal. Ao seu xuízo, esa resolución deulle “a razón integramente” nas súas formulacións, na súa “postura pública e apoio” aos traballadores.

Con todo, hai varias semanas, cando aínda o conflito non fora resolto e estaba pendente da decisión da Comisión Tripartita, o rexedor pedira á Xunta que paralizase o nomeamento do árbitro, ao entender que debía esperarse á resolución do contencioso administrativo. Así, o alcalde instaba á administración autonómica a frear o proceso, para “parar en seco as pretensións da empresa”.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...