InicioSociedadeA Xunta renova o seu compromiso co Marisquiño con 300.000 euros

A Xunta renova o seu compromiso co Marisquiño con 300.000 euros

A administración autonómica cooperará economicamente na celebración da proba de Dirt Jump, nas probas de Break Dance e noutras actividades vinculadas coa música e a creatividade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia confirmou este martes a renovación do convenio de colaboración co Marisquiño, para a realización de varios eventos no marco deste festival de deporte e cultura urbana (que se celebra en Vigo do 11 ao 14 de agosto), e que contarán cunha achega, por parte da administración autonómica, de 300.000 euros.

Así o confirmou en rolda de prensa a delegada territorial do goberno galego, Marta Fernández-Tapias, quen puxo en valor o “compromiso” da Xunta con este evento e a súa “aposta clara” para que se manteña na cidade olívica.

Deste xeito, a administración autonómica cooperará economicamente na celebración da proba de Dirt Jump, unha das máis espectaculares do festival e que, debido á pandemia, non se realiza desde 2019. Esta proba de salto, válida para o campionato do mundo, terá lugar un ano máis no Paseo das Avenidas.

Así mesmo, colaborará nas probas de Break Dance e noutras actividades vinculadas coa música e a creatividade, para facer patente a súa “aposta polo talento, especialmente o vigués”, segundo explicou Fernández-Tapias.

Pola súa banda, o promotor e ideólogo do Marisquiño, Carlos Domínguez ‘Pity’, agradeceu a implicación da delegada territorial e da Xunta, así como “o gran investimento” comprometido para este ano. Segundo recalcou, este apoio, así como o doutras institucións e o do público, permitirá ao Marisquiño entrar nunha “nova etapa”, a do período 2022-2025, na que o festival, xa consolidado, aspira a “conseguir o liderado internacional”.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...