InicioPolíticaEn Marea denuncia a "incompetencia absoluta" de Sanidade ante sucesos coma o...

En Marea denuncia a “incompetencia absoluta” de Sanidade ante sucesos coma o do Marisquiño

A formación pide que se poña en marcha o Plan de Catástrofes do Hospital Álvaro Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A situación orixinada polo afundimento da beira do litoral no Festival O Marisquiño demostra, segundo En Marea, a “incompetencia absoluta da Consellería de Sanidade” para reaccionar fronte a situacións como a acontecida en Vigo na madrugada do domingo 11 de agosto. Nas seguintes 24 horas do sinistro, foron atendidas 189 persoas a consecuencia das lesións sufridas polo colapso da estrutura do peirao.

Con todo, fronte ao acontecido, o SERGAS e Sanidade non aplicaron ningunha atención especial. Unicamente se reforzou o servizo de urxencias do Hospital Alvaro Cunqueiro cun celador na quenda de tarde e un equipo médico (médico+enfermeiro+auxiliar) durante a quenda de noite. Luís Villares, voceiro de En Marea, recalcou que hai que denunciar “a falta de previsión por parte da xerencia do SERGAS e por parte de Sanidade á hora de xestionar a atención despois do accidente”.

O reforzo establecido pola xerencia “foi ridículo se temos en conta que durante os días seguintes foron atendidas máis de 400 persoas en urxencias por lesións referidas ao sucedido no festival”. Por isto, En Marea considera “inaceptable” e “inxustificable” que a Consellería de Sanidade non puxese en marcha un reforzo maior. Esta “imprevisión” ocasionou que o día 6 de agosto fose o de maior incidencia no servizo de urxencias dos últimos tres anos. A isto debe engadirse a supresión estival do médico encargado das camas de observación, que durante o resto do ano é de 24 horas. O resultado final é unha “saturación completa” dos servizos de urxencias malia que nas horas e días seguintes ao accidente era previsible un aumento considerable do número de ingresos neste servizo.

Villares pregunta tamén “onde estaba o conselleiro e onde estaba o responsable da xerencia da área para prestar un servizo eficaz á cidadanía, se a cousa finalmente saíu ben foi grazas, unha vez máis, ás nosas e os nosos profesionais”.  Para o voceiro de En Marea “é claramente insuficiente o voluntarismo cando o que é necesario é unha previsión e unha resposta expresa a accidentes como o sucedido”. Segundo a formación, as insuficiencias de planificación de Sanidade no Hospital Álvaro Cunqueiro teñen a súa manifestación máis clara na falta de aprobación do Plan de Catástrofes e Incidencias de Múltiples Vítimas que permitiría unha resposta máis áxil en sinistros coma o acontecido.

Situación semellante denunciou En Marea a raíz da explosión de Paramos, en Tui, mais a proposta non chegou a callar. Para En Marea resulta “bochornosa” a falta de medios e a precariedade coa que traballan as e os profesionais do SERGAS ante situacións de emerxencia como a sucedida. Por esta razón, pídelle ao Parlamento que compareza o Conselleiro de Sanidade para que explique a falta de reforzo do Servizo de urxencias do Hospital AC e require a aprobación “inmediata” do Plan de Catástrofes.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...