InicioPolíticaJosé Miñones pon en valor o traballo do Corpo Consular de Vigo...

José Miñones pon en valor o traballo do Corpo Consular de Vigo “en aras do crecemento económico e social”

"Grazas pola vosa colaboración, polo voso interese e por facer máis fácil a estancia a quen deciden establecerse nesta cidade", expresouse o delegado do Goberno.

PUBLICADO O

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, participou este mércores xunto coa subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, na recepción do Corpo Consular acreditado en Vigo, onde puxo en valor o seu traballo “en aras do crecemento económico e social”.

Durante a súa intervención no acto, Miñones quixo destacar a tarefa que leva a cabo o Corpo Consular vigués, “discreta, pero importante”, e subliñou que buscan “achegar persoas e achegar veciñanza”. Tamén puxo de relevo o labor de asistencia que prestan aos habitantes de Vigo “se nun momento determinado necesitan auxilio do seu país de orixe”. Ademais, tratan de fortalecer as relacións comerciais.

José Miñones trasladou os representantes do Corpo Consular presentes no acto o agradecemento formal por parte do Goberno de España e engadiu que este Corpo fala da “relevancia da cidade” de Vigo como “gran urbe” no contexto europeo.

“Grazas pola vosa colaboración, polo voso interese e por facer máis fácil a estancia a quen deciden establecerse nesta cidade, a quen chegan de fóra para vivir, para traballar ou en busca de novas oportunidades de negocio. Grazas porque esa dobre sensibilidade como españois e cónsules, favorece a convivencia e o noso crecemento económico e social”, engadiu no evento, levado a cabo no novo hotel Attica21 de Samil.

Miñones trasladou tamén “o apoio, respaldo e sensibilidade” do Executivo co Corpo Consular e cos países aos que representan, estendendo a súa “total colaboración”.

ÚLTIMAS

Os equipos de emerxencias auxilian aos dous ocupantes dun turismo tras saírse da vía na AP-9, a altura da parroquia viguesa de Cabral

Os dous ocupantes dun turismo foron auxiliados polos equipos de emerxencia tras saírse da...

Tres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank de Gran Vía

A Policía Nacional revisa imaxes gravadas polas cámaras e toma declaracións a testemuñas e empregados para atopar...

A remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o Museo Massó...

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...