InicioCulturaDúas viguesas representarán a Galicia no Cume de Mozos polo Clima en...

Dúas viguesas representarán a Galicia no Cume de Mozos polo Clima en Madrid

Son Lucía Jiménez Martínez e Inés Rolland Porto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Lucía Jiménez Martínez e Inés Rolland Porto representarán aos mozos galegos no Cume de Mozos polo Clima, que se celebrará en Madrid a partir deste luns e ata o mércores, 29 de xuño, no marco de 1Planet4All, unha iniciativa de Ayuda en Acción organizada por Nuevas Promesas e cofinanciada pola Unión Europea.

Tal como indicaron desde a organización, a cita clausurará este programa de liderado e concienciación climática convidando os 50 participantes con mellor desempeño, proclamados líderes por veredicto dun xurado profesional, a representar á súa xeración para construír solucións que freen a emerxencia climática.

Jiménez e Rolland, do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo, participaron nesta iniciativa e foron escollidas de entre máis de 4.000 participantes de toda España polo seu liderado e capacidade de comunicación.

Durante a súa celebración, o Cume de Mozos polo Clima facilitaralles oportunidades para afianzar redes de colaboración, acelerar as súas capacidades para provocar impacto social e adestrar as súas habilidades de liderado.

Este evento contará coa colaboración de profesionais activos na súa comunidade e institucións preocupadas pola súa contorna, que se sumarán á celebración das súas actividades.

ÚLTIMAS

Vigo rexistrou nas últimas semanas varias denuncias por estafas

A Policía Nacional alertou de novos casos de estafa a través de supostas plataformas...

Caballero segue sen adherirse ao convenio para a xestión dos incendios

O PP de Vigo instou este venres ao goberno municipal de Abel Caballero a...

Vigo pide ao Goberno unha nova axuda para financiar o bus urbano e Caballero carga contra a Xunta: “Achega 0”

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres solicitar á Dirección Xeral...

A realidade virtual convértese en aliada contra as secuelas do cancro infantil nun pioneiro estudo en Vigo

A tecnoloxía de vangarda abre novas vías para mellorar a calidade de vida dos...