InicioSucesosSesenta detidos e 47 embarcacións intervidas no operativo contra a rede de...

Sesenta detidos e 47 embarcacións intervidas no operativo contra a rede de construción de ‘narcolanchas’

Segundo a Garda Civil, a organización contaba con membros cunha "alta especialización", tanto para a fabricación e custodia, como para a finalización das embarcacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O operativo despregado pola Garda Civil contra unha armazón dedicada á fabricación de ‘narcolanchas’, e coordinado desde un xulgado de Vigo, saldouse finalmente con 60 detidos (un deles en Portugal) e 47 embarcacións intervidas.

A investigación da bautizada como Operación Endurance levouna adiante o  Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil, con colaboración do Órgano de Coordinacón contra o Narcotráfico de Andalucía e a Policía Judiciaria portuguesa, e iniciouse en febreiro do ano pasado.

Naquel momento, a Garda Civil tivo coñecemento de que, nunha nave do polígono de Cotogrande, en Vigo, estaban a construírse lanchas tipo EAV (embarcacións de alta velocidade), que posteriormente se empregarían para a introdución de grandes cantidades de haxix en augas do estreito de Gibraltar.

Así, as pescudas posteriores permitiron desubrir que existía unha armazón “perfectamente estruturada”, que abarcaba todo o proceso de fabricación, desde a fase inicial ata a finalización das embarcacións, asentado no sur de Galicia e o norte de Portugal.

Tamén se constatou a existencia de empresas de transporte que trasladaban as lanchas a naves seguras noutras provincias como Toledo ou Sevilla, onde a organización acababa de arranxalas antes da súa botadura ao mar en distintas localizacións, especialmente do litoral de Andalucía.

Segundo a Garda Civil, a organización contaba con membros cunha “alta especialización”, tanto para a fabricación e custodia, como para a finalización das embarcacións.

De feito, froito das investigacións, púidose aprehender, a principios de xuño, un cargamento dunha tonelada de haxix transportado por unha destas ‘narcolanchas’ na praia del Vigía, en Mazagón, Huelva.

DETENCIÓNS E REXISTROS

No marco do dispositivo policial levaron a cabo 59 detencións nas provincias de Pontevedra, Ourense, Barcelona, Tarragona, Toledo, Cádiz, Huelva, Málaga, Sevilla e Almería. Ademais, solicitouse unha Orde Europea de Detención en Portugal, por parte do xulgado que entende da causa, e a Policía Judiciaria arrestou así a un dos principais investigados, fincado en territorio luso.

Por outra banda, levaron a cabo numerosos rexistros en domicilios da provincia de Pontevedra; en naves situadas en localidades do norte de Portugal, como Ponche de Lima, Valença, Paredes de Coura ou Monçao; e nas provincias de Toledo, Sevilla, Huelva, Xirona e Barcelona.

Nestes rexistros interviñéronse un total de 47 embarcacións, cascos e moldes de EAV de grandes dimensións, motores de alta velocidade de 300, 350 e 400 cv, cabezas tractoras e remolques utilizados para o transporte das lanchas, documentación e material informático.

Das embarcacións incautadas, máis dunha decena atopábanse terminadas e estaban preparadas para a navegación, “e en disposición de ser empregadas na introdución de grandes cantidades de sustancias estupefacientes”.

COMPARECENCIAS XUDICIAIS

Do total de detidos na Operación Endurance, 8 dos arrestados en Galicia (unha novena persoa quedou libre en sede xudicial) pasaron a disposición do xulgado de instrución de Vigo este mércores, cinco homes e tres mulleres. Segundo confirmaron fontes xudiciais, cinco ingresaron en prisión. Todos eles, detidos fóra de Galicia, están investigados por delitos contra a saúde pública, contrabando e organización criminal.

Estes ingresos a prisión súmanse aos tres decretados este mércores tras levar a cabo interrogatorios a oito detidos, que duraron ata xa entrada a noite. Non está previsto que pasen máis detidos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...