InicioSociedadeDeseñan en Vigo unhas lentes de contacto que permiten recoller mostras lacrimais...

Deseñan en Vigo unhas lentes de contacto que permiten recoller mostras lacrimais para detectar enfermidades

Este traballo pretende abrir a porta ao desenvolvemento de dispositivos oculares que permitan realizar esa recollida fóra da contorna clínica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un equipo do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Univerdidade de Vigo (UVigo) deseñaron unhas lentes de contacto que permiten a recollida e a análise de biomarcadores lacrimais para a detección de enfermidades.

Tal como informou o Diario da Universidade de Vigo (Duvi), a análise química das bágoas humanas cobrou unha gran importancia nos últimos anos debido a que pode axudar a diagnosticar enfermidades como o cancro de mama, a esclerose múltiple ou o párkinson.

Con todo, a recollida das mostras necesarias só pode ser realizada por persoal sanitario cualificado, e existen obstáculos relativos á comodidade dos pacientes. Ademais, son mostras de curta duración, 5 minutos aproximadamente, o que pode derivar nun problema en termos da sensibilidade da análise.

“Ademais, a mostra obtida debe estar suxeita a unha serie de procedementos físicos e químicos antes da súa análise, procedementos que non só engaden un maior grao de complexidade e custo no proceso, senón que poden alterar os propios valores fisiolóxicos da mostra, e adulterar en certos casos os resultados”, explicaron desde a UVigo.

Por iso, investigadores do TeamNanoTech do Cinbio presentaron unha innovadora estratexia de detección, unhas lentes de contacto híbridas que permiten a recollida e a análise dos biomarcadores lacrimais para a diagnose, o prognóstico e o seguimento de diferentes enfermidades.

Este avance científico recóllese nun estudo publicado na revista ‘Nanoscale’, que está asinado polo director do Cinbio, Miguel A. Correa-Duarte, así como polos investigadores do devandito centro Moisés Pérez-Lorenzo, Andrea Mariño-López e Belén Vaz, ademais do investigador Ramón A. Álvarez-Puebla da Universitat Rovira i Virgili de Tarragona.

Tal como explicaron, a extracción de mostras de bágoas son levadas a cabo en centros sanitarios por persoal especializado, pero este traballo pretende abrir a porta ao desenvolvemento de dispositivos oculares que permitan realizar esa recollida fóra da contorna clínica.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...