InicioSociedadeManuel Reigosa centrará a súa actividade como reitor da UVigo na...

Manuel Reigosa centrará a súa actividade como reitor da UVigo na igualdade e no cambio xeracional

Outro dos obxectivos é a mellora e o reequilibrio do persoal, así como a mellora da experiencia universitaria para os alumnos e que a UVigo "non sexan só as clases". Aumentar a investigación e a innovación é outro dos retos, así como a reformulación da xestión da Universidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Manuel Joaquín Reigosa tomou este luns posesión como reitor da Universidade de Vigo (UVigo), tras ser reelixido de novo nas eleccións do pasado mes de maio con máis dun 72% do voto ponderado favorable.

Nun emotivo acto no que estivo presente en multitude de ocasións o recordo ao vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manuel Ramos, falecido un día antes das eleccións ao reitorado, Reigosa puxo en valor o traballo realizado durante o catro anos que durou o seu anterior mandato e todo o que queda por facer.

No seu discurso, visiblemente emocionado ao falar de Ramos, o reitor da UVigo nomeou os retos que ten a entidade para seguir avanzando cara ao futuro. Entre eles atópanse o recambio xeracional dos docentes, xa que a maioría dos mesmos atópanse no rango de idade de entre 50 e 65 anos.

Outro dos obxectivos é a mellora e o reequilibrio do persoal, así como a mellora da experiencia universitaria para os alumnos e que a UVigo “non sexan só as clases”. Aumentar a investigación e a innovación é outro dos retos, así como a reformulación da xestión da Universidade.

A sustentabilidade é outro reto, así como a igualdade. Neste último aspecto, Reigosa destacou a importancia de conseguir a igualdade, recoñecendo que a UVigo “vai en boa liña”, pero aínda “quedan cousas que facer”.

O reitor dixo que agora conta cunha folla de ruta para seguir conseguindo os obxectivos marcados e os compromisos electorais.

RUEDA OU MIÑONES, ENTRE OS ASISTENTES

No acto tamén tomaron posesión o resto do equipo de goberno da UVigo e acudiron, entre outros, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como outros representantes políticos ou empresariais.

Neste sentido, Rueda destacou a necesidade de respostas “transformadoras” como as que pode achegar a Universidade ante o novo escenario económico, social e ambiental da sociedade.

Durante a súa intervención, o presidente galego asegurou que no sistema investigador están moitas das claves do futuro, polo que, ao seu xuízo, apoialo é a mellor maneira de despexar as incógnitas e sacar proveito del.

Rueda encomiou o labor de Reigosa, reelixido como reitor, ao que se referiu como “alguén que coñece a Universidade de Vigo de portas para dentro, e sabe o seu potencial de portas para fose”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...