InicioSociedadeO custo das obras do novo centro de saúde Olimpia Valencia de...

O custo das obras do novo centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo elévase un 16%

A Xunta aumenta o seu orzamento ata os 14,8 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta deu este xoves o visto e prace á licitación das obras do novo centro integral de saúde Olimpia Valencia de Vigo, que eleva o seu orzamento ata os 14,8 millóns de euros.

Tal como indicou o Goberno galego, proximamente convocarase o concurso público de contratación das obras das novas instalacións sanitarias cun 16% máis de orzamento que o calculado inicialmente.

Este aumento é resultado da actualización do proxecto aos prezos do mercado tras os últimos incrementos de custos rexistrados nos materiais necesarios para a execución da obra, despois de que o primeiro concurso se declarase deserto.

As obras consisten en executar o novo centro de saúde, que ocupará o espazo actual do edificio da Audiencia Provincial, na rúa Lalín. O obxectivo é iniciar as obras no primeiro trimestre de 2023, unha vez que se conclúa o traslado dos servizos e do persoal xudicial á nova Cidade da Xustiza, no antigo Hospital Xeral.

Esta nova infraestrutura substituirá o centro de saúde de López Mora e contará con case 7.620 metros cadrados construídos, que albergarán servizo de urxencias, área asistencia de 20 consultas de medicina xeral, 20 de enfermaría, 8 de pediatría, 8 de enfermaría pediátrica, 2 de odontoloxía e áreas de muller, de rehabilitación, de telemedicina, de administración ou de base do 061.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...