InicioSucesosFerido o condutor dun camión tras saír da vía na AP-9 Redondela

Ferido o condutor dun camión tras saír da vía na AP-9 Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un camioneiro resultou ferido ao sufrir unha saída de vía na autoestrada AP-9 ao seu paso polo concello pontevedrés de Redondela na noite deste pasado mércores. Así o informou o 112 Galicia, que indicou que, ademais, o accidente obrigou a cortar os carrís esquerdos de circulación da vía ata que se puideron recuperar as condicións de seguridade da estrada.

Segundo a información facilitada polos axentes de Tráfico ao 112 Galicia, o tráiler de paquetería sufriu o accidente posiblemente pola choiva que nese momento caía na zona.

O sinistro tivo lugar ás 21,00 horas do mércores. Varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia dun accidente dun vehículo de grandes dimensións preto da saída 151 da AP-9.

Durante a súa comunicación, indicaron que o tráiler envorcara, ademais, non podían concretar o número de vehículos ou persoas afectadas. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia activou un operativo formado polos profesionais sanitarios, que se encargou do traslado do home ferido ao centro hospitalario, polos Bombeiros do Morrazo, do Porriño e de Vigo e por axentes da Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, pasou aviso aos membros de GES de Mos, da Policía e Protección Civil da localidade.

Co fin de asegurar a circulación na estrada, o 112 Galicia tamén informou o Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...