InicioMovementos SociaisTraballadoras do sector do contact center maniféstanse en Vigo por un salario...

Traballadoras do sector do contact center maniféstanse en Vigo por un salario “digno”

A mesa de negociación colectiva do convenio laboral está "bloqueada" dende hai un ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de traballadoras do sector contact center saíron este luns á rúa en Vigo para esixir á patronal avances no convenio colectivo, que leva desde 2019 sen renovarse.

Así, convocadas por UGT e CC.OO., decenas de persoas percorreron a cidade olívica partindo ás 11,30 horas da sede da compañía Unisono-Intelcia, situada en Gran Vía, pasando polo centro de Bosch en María Berdiales, e terminando no Farol de Urzaiz.

Encabezados por dúas pancartas que rezaban ‘Por un convenio con dereitos. Por un salario digno’ e ‘Contact center. E o convenio pa’ cando?’ as traballadoras do sector, na súa maioría mulleres, manifestáronse no marco da folga convocada por ambos os sindicatos a nivel nacional.

Estes lamentaron “unha vez máis” a falta de “unidade de acción sindical”, xa que a CIG levou a cabo outra concentración nas instalacións de Bosch nas inmediacións da Avenida de Madrid. Tal como explicou o responsable de Servizos Técnicos de Comisións Obreiras en Galicia, Iván Cordeiro, o sector reclama o “desbloqueo” da negociación colectiva do convenio estatal, tras máis de 30 meses negociando.

“Levamos case 12 meses coa mesa totalmente bloqueada. A patronal non se move da súa postura. Reclamamos unhas subidas salariais decentes e unhas condicións laborais dignas e estámonos atopando cunha patronal que nos quere manter nuns niveis salariais do SMI”, lamentou Cordeiro en declaracións a Europa Press, quen indicou que a finais de xuño está programada unha nova reunión da mesa de negociación, polo que non descartan máis folgas se non se producen avances.

Pola súa banda, o secretario de Oficinas e Seguros de UGT en Galicia, Alberto López, criticou que dúas categorías do convenio anterior estaban por baixo do SMI, polo que tiveron que ser actualizadas. Tamén indicou que a media da xornada laboral é de 30 horas no sector, polo que as empregadas, ao tratarse dun sector “moi feminizado”, roldan un salario duns 800 euros. “É imposible vivir desta forma”, lamentou.

“Pedimos que se dignifique o sector, que se profesionalice e que sexa recompensado. Estamos a custear os gastos das empresas”, engadiu López, que explicou que co teletraballo agora son os traballadores os que pagan a luz e demais gastos.

Pola súa banda, a CIG levou a cabo a súa propia concentración cunha pancarta que dicía: ‘Por un convenio digno nos centros de chamadas’. A central sindical puxo o foco en que tras máis de dous anos de negociacións e cun IPC “desbocado”, a patronal insiste nunha “irrisoria” proposta de incremento salarial “que non chega sequera para garantir o mantemento xa minguado do poder adquisitivo”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...