InicioEconomíaConcentración de traballadores de Aplinor en Vigo ante a "represión sindical" da...

Concentración de traballadores de Aplinor en Vigo ante a “represión sindical” da empresa

Nunha protesta convocada pola CIG, traballadores continuaron coa súa campaña de mobilizacións para reclamar a readmisión do delegado de persoal despedido por defender os dereitos laborais dos seus compañeiros, segundo indicou dita organización sindical nun comunicado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores da compañía Aplicacións Navais do Noroeste (Aplinor), empresa que se dedica á instalación de estadas para firmas do sector naval, concentráronse este xoves en Vigo ante a “represión sindical” que sofren.

Nunha protesta convocada pola CIG, traballadores continuaron coa súa campaña de mobilizacións para reclamar a readmisión do delegado de persoal despedido por defender os dereitos laborais dos seus compañeiros, segundo indicou dita organización sindical nun comunicado.

Por iso, concentráronse diante do estaleiro vigués Freire, onde explicaron que tras varios meses de presións e represalias contra o representante sindical, a empresa procedeu ao seu despedimento como último recurso para impedir que desenvolvese a súa función e puidese defender os dereitos laborais e as condicións de traballo do persoal.

As presións, segundo o sindicado, comezaron poucos meses despois de saír elixido, cando reclamou o pago dos pluses por traballos especiais recollidos no convenio, como o de perigo.

“Trátase dunha cuestión moi importante, tendo en conta que é unha compañía dedicada á instalación de estadas, polo que os traballadores están expostos a situacións de risco ao desenvolver os seus traballos en altura”, reivindicaron desde a CIG.

ÚLTIMAS

Detida unha parella en Vigo tras unha pelexa na rúa con acusacións mutuas de agresión

A Policía Local de Vigo detivo na noite deste pasado xoves a unha parella...

A forense decide que o detido polo crime do Porriño non está en condicións de declarar e seguirá hospitalizado

A forense determinou este xoves que o detido polo crime do Porriño non está...

A Xunta descarga a responsabilidade dos crimes machistas nas propias vítimas cando deciden “romper a relación”

O órgano fiscalizador denuncia que os investimentos en sensibilización caeron de 8 millóns en...

Acordo entre Nueva Pescanova e sindicatos que “frea retrocesos” e inclúe melloras salariais

Nova Pescanova e sindicatos alcanzaron un acordo durante a negociación do convenio colectivo do...