InicioSucesosDetido en Vigo un motorista que circulaba ebrio e tratou de agredir...

Detido en Vigo un motorista que circulaba ebrio e tratou de agredir un axente

Foi interceptado preto da estación de buses da Avenida de Madrid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, R.R.F., de 36 anos de idade, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e un de atentado contra axentes da autoridade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, cando unha dotación do 092 observou a un motorista circulando pola rúa Doutor Carracido a gran velocidade e sen luces.

Os axentes activaron os dispositivos ópticos e iniciaron a persecución do condutor, que seguiu circulando sen respectar os semáforos. Preto da estación de buses da Avenida de Madrid detívose e foi interceptado pola Policía.

Ao identificar ao motorista, os axentes decatáronse de que tiña signos de estar baixo os efectos do alcol, e sometérono a unha proba, que deu resultado de 0,87 mg/l (o que excede o límite penal). Con todo, ao informarlle de que debía someterse a un segundo test de contraste, o condutor apeouse do furgón policial e tratou de abandonar o lugar camiñando cara á estación de buses.

Os funcionarios requirírono varias veces para que se detivese, pero o home fixo caso omiso. Cando un dos axentes lle deu alcance, o condutor tratou de golpearlle na cara, polo que foi reducido e detido.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...

A Xunta anuncia 2.000 vivendas no parque Ofimático de Vigo, 35 para expropiados

A Xunta de Galicia prevé que as obras de construción de vivendas e as...