InicioSociedadeDetido en Vigo tras agredir a súa parella durante unha discusión

Detido en Vigo tras agredir a súa parella durante unha discusión

Os feitos ocorreron na noite deste mércores, cando unha dotación do 092 que patrullaba pola Travesía de Vigo observou unha rifa tumultuaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un mozo de 22 anos de idade, L.A.S.G.A., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras losquear a súa muller durante unha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste mércores, cando unha dotación do 092 que patrullaba pola Travesía de Vigo observou unha rifa tumultuaria, na que estaban implicados un home e tres mulleres, unha das cales trataba de agredir o home.

Os axentes identificaron o home, que lles relatou que se atopou cunha compañeira de traballo e a convidou a cear no seu domicilio. Xa na vivenda, presentáronse a súa muller e a súa cuñada e comezara unha discusión, que continuou despois na vía pública.

A súa parella confirmou eses feitos, aínda que engadiu que, ao principio da rifa, o home propináralle unha labazada, versión que corroborou a súa irmá. Por iso, o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...