InicioPolíticaA Xunta lamenta que Goberno non queira dar explicacións a concellos sobre...

A Xunta lamenta que Goberno non queira dar explicacións a concellos sobre o estudo de abastecemento de auga a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, lamentou este mércores que o Goberno se negase a dar explicacións aos concellos afectados sobre o estudo de abastecemento de auga a Vigo e a súa área.

En declaracións aos medios de comunicación no contexto da súa visita á cidade olívica para asinar un convenio de colaboración co Porto de Vigo para o fomento da mobilidade sustentable, Vázquez mostrou a súa “sorpresa” ante a resposta do secretario de estado de Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández, a unha carta previa enviada polo Executivo autonómico sobre este tema.

Na súa misiva, a Xunta aseguraba a existencia de “incoherencias” e “erros importantes” no estudo sobre o abastecemento de auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra, polo que pedía unha reunión co Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para tratar o asunto.

A pesar da solicitude do Goberno galego, o secretario de estado respondeu que é necesario iniciar “canto antes” as medidas necesarios para garantir o abastecemento de auga e dar resposta a un escenario futuro que se prevé cunha maior demanda.

Aínda así, recoñece que algunhas das actuacións propostas “teñen un calado e unha gran envergadura”, polo que cabe analizalas e, “nalgúns casos descartar”. Aínda que indica que a garantía do abastecemento de auga potable “require este tipo de previsións”.

Ante esta resposta, Vázquez criticou que o Ministerio non acepte reunirse con Xunta e concellos para dar unha explicación técnica do estudo elaborado e insistiu na “ineficacia” do transvasamento do río Verdugo. Tamén volveu a sinalar a importancia de que o abastecemento de auga a Vigo sexa declarado de interese xeral do estado, como no seu día declarouse ao de Pontevedra, Ourense ou Lugo. “Pedimos igualdade de trato con Vigo”, sentenciou.A

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...