InicioSucesosUn clan familiar acepta penas que suman 9 anos de cárcere por...

Un clan familiar acepta penas que suman 9 anos de cárcere por vender droga en Vigo e na prisión da Lama

A matriarca do grupo cambiou varias veces de "modus operandi" para vender a droga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un clan integrado por varios membros dunha mesma familia e outros colaboradores aceptou este martes penas que suman 9 anos de prisión por dous delitos de tráfico de drogas, segundo o acordo de conformidade e a sentenza ditada pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

O tribunal aplicou ao sete acusados a circunstancia atenuante de dilacións indebidas e , no caso da matriarca do grupo, a agravante de reincidencia. Esta muller, Rosa María J.M., foi inicialmente investigada por vender heroína e cocaína no seu domicilio do barrio vigués da Dobrada, con axuda doutro dos acusados.

Por mor dunha primeira detención, a muller cambiou o seu ‘modus operandi’ e recorreu ao seu fillo, que empezou a vender a droga desprazándose de madrugada na súa moto. Máis tarde, debido ás súas débedas e a que os provedores deixaron de fiarlle, a matriarca cambiouse á venda de haxix.

Así, introducía o haxix na prisión da Lama, onde estaba a cumprir condena o seu sobriño, por medio da muller deste, nos ‘cara a cara’. Os acusados aceptaron penas que oscilan entre os 9 meses e os dous anos de cárcere, e multas entre 160 e 6.130 euros.

PROBLEMAS CON PROVEDORES E CAMBIO DE DROGA

Con ocasión desa primeira detención, interveuse xudicialmente o teléfono da matriarca e os investigadores comprobaron que a muller tiña problemas de débedas e que os provedores deixaran de fiarlle. Por iso, a xefa do clan cambiou á venda de haxix.

Así, introducía o haxix na prisión da Lama, onde estaba a cumprir condena o seu sobriño, que recibía as landras de haxix durante visitas e logo vendíaas a outros reclusos. Do mesmo xeito, con axuda de familiares, vendeu droga a unha muller que, á súa vez, entregouna ao seu marido interno na Lama, aproveitando os ‘cara a cara’.

Os acusados recoñeceron os feitos e Rosa María J.M., Martín C.G. e Enrique P.J (fillo da primeira) aceptaron a pena de 2 anos de cárcere e multa de 6.130 euros por un delito de tráfico de estupefacientes na modalidade de drogas que causan grave dano á saúde.

O resto de acusados, Lorena B.R., Enrique P.R, Felipe D.J., e Félix J.G., aceptaron 9 meses de prisión e multas de 160 euros, excepto a muller, á que se lle impuxo unha multa de 200 euros.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...