InicioSociedadePiden 13 anos de inhabilitación para o alcalde pedáneo de Bembrive por...

Piden 13 anos de inhabilitación para o alcalde pedáneo de Bembrive por prevaricar

O seu predecesor acumula tres condenas por prevaricación e foi inhabilitado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 13 anos de inhabilitación para emprego ou cargo público para Marcos Castro González, alcalde pedáneo de Bembrive, do PSOE, ao que acusa dun delito continuado de prevaricación, por contratar e pagar a subministración de sidra para a festa desta entidade sen seguir os procedementos legais, e por ordenar o pago de 250.000 euros fraccionados en diferentes facturas.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron entre 2019 e 2020, cando o alcalde pedáneo, “actuando coa intención de atentar contra os principios de transparencia, libre concorrencia e igualdade de oportunidades e a propósito da súa ilegalidade, en execución dun plan preconcibido”, adxudicou de forma directa contratos de subministración de sidra a unha empresa.

O total do gasto ascendeu a 250.000 euros (120.000 euros en 2019 e 130.000 euros en 2020), que o acusado fraccionou ata en 17 facturas, a maioría de cales superaban os 15.000 euros.

A interventora da entidade local presentou reparos a esas facturas “por tratarse dunha adxudicación verbal sen base en contrato administrativo que sustente dita contratación, non sometelo á súa fiscalización previa e por prescindir totalmente do procedemento previsto para a contratación de subministracións que excedan de 15000 euros”. Con todo, o acusado levantaba sistematicamente o reparo suspensivo e ordenaba os pagos, “a propósito do carácter ilícito”.

Por estes feitos, o ministerio público acúsao dun delito continuado de prevaricación e pide que sexa inhabilitado durante 13 anos. O xuízo contra o alcalde pedáneo estaba sinalado inicialmente para este martes nun xulgado do Penal da cidade de Vigo, aínda que foi suspendido.

PREDECESOR CONDENADO

Precisamente, o seu predecesor na alcaldía pedánea, Roberto Ballesteros, tamén foi condenado en tres ocasiones por prevaricación e outros delitos.

Así, foi condenado por pagar unha obra que non se chegou a executar, tamén por retirar as retribucións aos vogais do PP na Xunta Veciñal, e nunha terceira ocasión por adxudicar actuacións ‘a dedo’ por valor de case 800.000 euros. Ballesteros foi alcalde pedáneo de Bembrive polo PSOE desde 2011 a 2018, cando dimitiu.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...