InicioPolíticaO BNG "valentía" a Caballero para convocar un Debate sobre o Estado...

O BNG “valentía” a Caballero para convocar un Debate sobre o Estado da Cidade

O concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, pediu que se celebre ese debate un sábado pola mañá ou un día laborable a partir das 20,00 horas, no Auditorio Municipal, para facilitar a presenza do maior número posible de veciños.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo rexistrou unha petición para que o alcalde da cidade, Abel Caballero, convoque un “Debate do Estado da Cidade”, para que os veciños teñan oportunidade de coñecer as diferentes posicións políticas sobre a situación da urbe olívica, e poidan contrastar eses proxectos.

Así o anunciou o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, que instou ao rexedor a ter “valentía” e convocar ese debate, ante a “permanente desvalorización” dun órgano como o Pleno Municipal, do que Abel Caballero “se ausenta de maneira reiterada” aos poucos minutos de iniciarse as sesións.

Por iso, para que os vigueses poidan “contratar as distintas alternativas” a un ano das eleccións municipais de 2023, pediu esa convocatoria, na que o catro forzas políticas que conforman a Corporación (PSOE, PP, Marea de Vigo e BNG) expresen as súas ideas. “Porque no BNG si que temos un proxecto de cidade sólido e solvente, construído sobre propostas concretas e cun afán construtivo”, engadiu.

Xabier Pérez Igrexas denunciou que o rexedor se instalase no seu “cómodo refuxio do monólogo” e tachou de “falta de respecto á cidade” as súas ausencias dos plenos cando se debaten as mocións da oposición, mostrando o seu “talante autoritario”. “Abel Caballero e o PSOE nunca quixeron debater co BNG nin con outras forzas políticas, nin no Concello nin nos debates organizados por medios de comunicación”, censurou.

O Debate sobre o Estado da Cidade está contemplado no regulamento orgánico do Pleno municipal, pero nunca se convocou na cidade, a diferenza doutras urbes galegas.

O edil do BNG pediu que se celebre ese debate un sábado pola mañá ou un día laborable a partir das 20,00 horas, no Auditorio Municipal, para facilitar a presenza do maior número posible de veciños. Tamén reclamou un mínimo de 10 minutos por cada quenda de intervención e oportunidade de réplicas, “para que non sexa unha sucesión de monólogos e para que haxa contraste”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...