InicioSucesosCondenan unha muller de Salceda a tres meses de cárcere por envenenar...

Condenan unha muller de Salceda a tres meses de cárcere por envenenar a gata da súa veciña

A pesar da condena, a xuíza acordou suspender a execución da pena de prisión imposta durante dous anos, sempre coa condición de que durante ese período non delinca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño  condenou a tres meses de cárcere e a oito meses de inhabilitación para a tenencia de animais ou o exercicio de profesión ou oficio relacionado con eles a unha residente de Salceda de Caselas por envenenar á gata da súa veciña.

A acusada, que recoñeceu os feitos antes do xuízo e mostrouse conforme coa pena, foi condenada como autora dun delito de malos tratos animais, coa aplicación da atenuante de reparación do dano, xa que fixo fronte á responsabilidade civil.

A pesar da condena, a xuíza acordou suspender a execución da pena de prisión imposta durante dous anos, sempre coa condición de que durante ese período non delinca.

A sentenza explica que en decembro de 2021, “sendo plenamente coñecedora de que a súa veciña posuía unha gata na súa vivenda”, a agora condenada, “con absoluto desprezo cara á integridade física do devandito animal”, colocou nas inmediacións das escaleiras do inmoble un prato de comida, ao que engadiu “unha sustancia tóxica non identificada”.

Como consecuencia da inxesta desa comida, o animal tivo que ser trasladado a un centro veterinario, no que ingresou de urxencia, onde foi hospitalizado.

Os gastos de tratamento veterinario para a curación da gata ascenderon a case 86 euros, unha cantidade consignada xudicialmente pola condenada en concepto de indemnización. Contra a sentenza non cabe recurso, xa que foi ditada coa conformidade de todas as partes implicadas no procedemento.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...