A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a un ano e seis meses de prisión, e ao pago dunha multa de 25 euros, a unha muller por vender heroína en Bueu.
En concreto, a acusada vendeu por 10 euros 0,082 gramos de heroína, cun grao de pureza do 38%, a cal que foi intervida ao comprador por axentes da Policía Local de Bueu.
O tribunal considera probado que a investigada era consumidora habitual de drogas cando sucederon os feitos, en xuño de 2020, e descarta que houbese algunha irregularidade na cadea de custodia, como alegou a defensa. Ademais, indican na resolución que a existencia de transacción quedou acreditada polos testemuños dos axentes.